En que consiste o concurso de blogues da USC?
Como cada curso, o Máster en Marketing Dixital e Xestión Comercial da USC organiza un concurso de blogues.
O alumnado participante no concurso terá que implementar nos seus subdominios funcionalidades de utilidade, realizar unha personalización do mesmo en relación á temática elixida e publicar contido de interese e con periodicidade. O concurso soamente estará aberto a estudantes actuais do Máster.
A final de curso, o tribunal do concurso decidirá cal é o mellor blogue que obterá como premio un Ipad!
Prazos e descartes do concurso
Participarán no concurso os estudantes que envíen o modelo de inscrición e #empregar a instalación persoal que teñen de WordPress para convertela no seu blogue persoal antes do 15 de outubro de 2025.
Ao longo do curso, realizaranse catro descartes para aqueles blogues que non cumpran os seguintes requisitos:
- 16 de novembro de 2025: sumen menos de 3 posts.
- 15 de decembro de 2025: sumen menos de 5 posts.
- 27 de febreiro de 2026: sumen menos de 10 posts.
- 24 de maio de 2026: menos de 15 posts publicados.

Computaranse todos os contidos publicados ata o 1 de xuño de 2026. O fallo do premio comunicarase o día da clausura do Máster.
Blogs participantes
Por que os blogues son importantes para o márketing dixital?
Será o teu blogue o gañador?
PREMIO
¡Un Ipad!
para o blogue gañador

CO PATROCINIO DE













